Miércoles, 15/10/2008

ELPAÍS.COM Galicia

 

ANTÓN REIXA Luces

Manifesto pola lingua común

ANTÓN REIXA 04/07/2008

 
Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 57 votos
Imprimir   Enviar

"1. A lingua galega é común e oficial no territorio de Galicia.

La noticia en otros webs

2. Todos os cidadánas que o desexen deben ser educados en galego. En calquera caso debe quedar garantido para todos os alumnos o coñecemento final da lingua galega.

3. En Galicia calquera cidadán ten dereito a ser atendido institucionalmente en galego. En locais e negocios públicos a relación en galego ou en castelán, ou en ambas as linguas será discrecional.

4. A rotulación dos edificios públicos e das vías públicas e mais as comunicacións administrativas é recomedable que sexa bilingüe pero, en todo caso, nunca poderán expresarse unicamente en castelán.

5. Os representantes políticos galegos utilizarán habitualmente o galego nas súas funcións institucionais, o mesmo en Galicia como fóra, agás en ocasións características".

O texto anterior é o cínico pero revelador resultado de modificar nas liñas fundamentais do Manifiesto por la lengua común, promovido por Fernando Saváter e outras persoas e medios de comunicación. É resultado de mudar o suxeito, referido ao castelán, polo de lingua galega. Sirva para constatar que a igualdade e a normalidade do idioma galego, en termos equiparables aos que se reivindican para o castelán, está moi lonxe de ser acadada.

Dito doutra forma, para que o que se invoca nese manifesto teña sentido real e honesto deberíamos localizar a algún individuo que tivese algunha vez dificultades evidentes para expresarse en castelán dentro de Galicia. Fagan os lectores a identificación inversa e resultará unha desproporcionada aldraxe comparativa.

Se ademais se quere obter un efecto cómico, recomendo o mesmo exercicio que me enviou o poeta manchego Dionisio Cañas: substituír no manifesto orixinal o da "lengua común" por heterosexualidade fronte a homosexualidade. Manifesto pola sexualidade común. Desde hai algúns anos hai crecentes razóns nos territorios de España para preocuparse "pola situación institucional da heterosexualidade, única sexualidade común de todos os españois".

O medo á liberdade e ao avance da igualdade non é alleo incluso aos individuos aos que se lles supón unha contrastada intelixencia e preparación.

Vota
Resultado Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 57 votos

¿Qué es esto?Compartir:

delicious  digg  technorati  yahoo meneame wikio

Puedes utilizar el teclado:

aumentar texto disminuir texto Texto   

Otras ediciones

 
 
asociados otros medios

© Diario EL PAÍS S.L. - Miguel Yuste 40 - 28037 Madrid [España] - Tel. 91 337 8200

© Prisacom S.A. - Ribera del Sena, S/N - Edificio APOT - Madrid [España] - Tel. 91 353 7900